Cargando resultados...
Veciños de Ponteareas maniféstanse e cortan a N-120 para pedir melloras na vía
A alcaldesa da vila participou na protesta que mantivo o tráfico cortado durante unha hora
G24.gal
12/09/2025 20:43
Última actualización 12/09/2025 20:49
E un grupo de veciños de Ponteareas, acompañados pola alcaldesa, Nava Castro, protagonizaron unha manifestación na vella nacional 120 ao seu paso pola localidade, provocando un corte de tráfico de algo máis dunha hora.
Piden melloras urxentes nesta vía, que segue tendo un intenso volume de tráfico, mesmo pesado, e un gran risco de sinistralidade.
Unha reivindicación que levan facendo desde hai 8 anos con escasa resposta por parte do Ministerio de Transportes, tanto que non desbotan levar as súas mobilizacións ás portas do ministerio.