Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis da metade dos polígonos bateeiros galegos, pechados por un cóctel de toxinas

Máis da metade dos polígonos bateeiros galegos, pechados por un cóctel de toxinas

Xuntáronse nas diferentes rías a lipofídica, a diarreica, habitual neste tempo, coa ASP e a PSP, máis perigosas para a saúde

De momento, salvou o mexillón da ría de Ares e Betanzos e o interior da Arousa  

G24.gal 12/09/2025 14:49

O 73% dos polígonos bateeiros galegos están pechados por toxinas.

Entraron coma un ciclón, e quizais algo antes do esperado.

"Comezou un episodio de ASP, que despois continuou con outro de lipofídica, de maneira que non permitiu a reapertura dos polígonos que estaban afectados inicialmente coa ASP e agora temos nalgunha ría tamén PSP", confirma Xosé Morales, Subdirector do Intecmar

Todo un cóctel explosivo. A lipofílica, ou diarreica, non colle por sorpresa o sector.

"Nesta temporada sempre soe estar pechado. É normal que en setembro estea a ría pechada pero levamos pechados dende finais de agosto", lamenta Carmen Díaz, da Asociación de meixolleiros de San Cibrán

Tampouco desconcerta a aparición da PSP, a toxina paralizante, habitual en Baiona e Camariñas.
Cousa distinta é a ASP, a amnésica, máis excepcional. Como máis excepcional é que estean as tres á xunta. Cada unha, cunha incidencia distinta en segundo que ría. 

"As toxinas PSP ou a ASP son máis graves que a lipofílica. Xestionámolo mellor cando aparece só un tipo de toxina lipofílica pero neste momento apareceron as tres e complica un pouco a xestión de aperturas e peches", engade Morales.

O resultado é que máis da metade dos poligonos están pechados. Salvaron de momento os da ría de Ares e Betanzos, e tamén o interior da Arousa, onde cruzan os dedos para que o vento do sur non lles xogue unha mala pasada. 

"As do interior da Ría de Arousa son as menos afectadas historicamente pero se continúan os ventos do sudoeste e as condicións que estamos tendo neste momento poderían chegar a estar afectadas tamén por toxina lipofílica", advirte o subdirector do Intecmar.   

A aparición de toxina nesta época non é casualidade. 

"Os ventos e a ausencia de afloramento neste momento é unha combinación de factores que favorece que se multipliquen as células de fitoplacton en todo o interior da ría e cause este tipo de toxicidade", explica Xosé Morales. 

Con todo, hai que dicir que si hai mexillón nas prazas. Pouco, pero seguro e de bo tamaño.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade