Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan as chamadas comerciais malia o endurecemento da norma en xuño

Continúan as chamadas comerciais malia o endurecemento da norma en xuño

Xa houbo multas a empresas de 5.000 euros

Reforzouse a norma da prohibición de chamadas comerciais 
G24.gal 12/09/2025 19:57 Última actualización 12/09/2025 20:42

O 7 de xuño reforzouse a norma da prohibición de chamadas comerciais desde números móbiles. Xa hai dous anos prohibiranse as que non tivesen consentimento.

O caso é que todos seguimos a recibilas. Mesmo agora que xa empeza a haber as primeiras denuncias e multas de 5.000 euros as empresas que as fan.

Traballando, descansando moitas veces nos asaltan chamadas telefónicas para vendernos telefonía, cambiarnos de compañía eléctrica ou facernos calquera promoción. Os letrados especialistas nestes casos din que as empresas o seguirán facendo mentres lles compense.

Se gravamos a chamada e xa expuxemos que non queremos que nos chamen podemos denunciar. Xa houbo sancións de 5.000 euros por chamar sen consentimento.

Algunhas persoas pódense permitir o luxo de non coller números descoñecidos, outros están na lista Robinson, outros colgan e hainos tamén que aturan as chamadas porque lles dan mágoa as teleoperadoras.

Algúns deles tamén nos din que cada vez os chaman menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade