Cargando resultados...
Presentado en Lugo o libro sobre o empresario José Fernández, fundador de Pescanova
Nado en 1904, foi un home polifacético e creador da farmacéutica Zeltia, a multinacional do transporte Transfesa e responsable da chegada do kiwi a Galicia, entre outros logros
O libro sobre o empresario José Fernández
G24.gal
12/09/2025 20:06
Última actualización 12/09/2025 20:44
Fundador da empresa Pescanova, a farmacéutica Zeltia, a multinacional do transporte Transfesa e responsable da chegada do kiwi a Galicia.
Son algúns dos aspectos que recolle o libro sobre o empresario José Fernández, nado en Lugo a principios do século XX e que se acaba de presentar en Lugo.
A súa autora é a xornalista Marisa Gallero, que destaca a faceta profesional e humana deste lucense polifacético comprometido coa súa terra.