Detido un home no Puerto de Santa María en Cádiz tras matar a parella dun disparo
O home portaba un revólver cando os axentes chegaron e localizaron o corpo da muller no interior dunha vivenda en Valdelagrana

Axentes da Policía Nacional detiveron na localidade gaditana do Puerto de Santa María un home de 40 anos como presunto autor dun delito de homicidio.
O detido é o presunto responsable da morte dunha muller de 46 anos, que era a súa parella. O corpo sen vida foi localizado no interior dunha vivenda en Valdelagrana.
O home foi localizado e detido sobre as 04:00 horas tras seren os axentes requiridos por un cidadán a causa dos disparos que efectuara un individuo contra un domicilio particular.
O detido portaba un revólver e estaba baixo os efectos de alcol ou outras substancias tóxicas manifestando libremente que "matara o seu amor". Levaban un ano mantendo unha relación.
Contra as 07:00 horas a Policía entrou nun piso situado na urbanización Bahía Sherry no que se atopaba o corpo sen vida da muller, con feridas como consecuencia de recibir algún disparo.
A investigación continúa aberta á espera dos resultados da autopsia, que determinará as causas da morte así como as dilixencias tendentes a descubrir as circunstancias deste homicidio.