Publicador de contidos

Publicador de contidos

Domingo, a vítima da agresión en Torre Pacheco: "Gustaríame pechar os ollos e que fose un mal soño"

Domingo, a vítima da agresión en Torre Pacheco: "Gustaríame pechar os ollos e que fose un mal soño"

Recupérase na casa das feridas e gustaríalle que a tranquilidade regresase á vila murciana

Quere esquecer o que pasou e desexaría que fose un "mal soño"

G24.gal 17/07/2025 14:35

Domingo, o sexaxenario que sufriu a agresión en Torre Pacheco, trata de regresar á súa rutina unha semana despois da agresión. Entre os seus amigos lembra como sucedeu todo cando paseaba:

"De golpe, vinme no chan, e foi moi rápido e xa se calmou a cousa. Incorporeime un puco, toquei a fronte e tiña sangue".

Aínda lle quedan secuelas físicas e o recordo que lle gustaría borrar.

"O único que me queda mal é o ollo, que esperemos que nunha semna estea ben. Gustaríame pechar os ollos e que fose un mal soño, non lembrar nada", reflexiona Domingo.

Tamén lle gustaría que a normalidade regresase a Torre Pacheco:

"Se se tranquiliza (a situación), é o mellor que pode pasar. Eu non teño ganas de altercados"

Domingo non quere ser protagonista de nada e só busca retomar a tranquilidade das partidas de dominó. Unha normalidade que se rompeu cos altercados que se produciron tras a agresión que sufriu e que agora o dispositivo da policía e a Garda Civil tratan de frear.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade