Detido un home en Riotorto acusado de maltratar a súa muller
A vítima, de 28 anos, foi auxiliada polas empregadas dunha farmacia, que alertaron a unha traballadora social do concello
O presunto agresor, de 30 anos, está acusado de senllos delitos de ameazas e lesións

En Riotorto, as autoridades investigan un presunto caso de maltrato dun home á súa parella. As autoridades foron alertadas polas empregadas dunha farmacia, a onde a vítima se achegou tras lograr abandonar o domicilio familiar.
A muller, de 28 anos e nacionalidade marroquí, levaba dous meses residindo nesta localidade luguesa. Segundo relatou ás traballadoras da botica, levaba tempo sufrindo malos tratos.
As empregadas chamaron a unha traballador social do concello e esta alertou ao 112.. En dez minutos, presentouse a Garda Civil e activouse o protocolo.
Cando chegaron os axentes comprobaron que a vítima tiña mazaduras na cara, e acompañárona ao PAC da localidade para recibir atención médica.
A Garda Civil presentouse na farmacia tras recibir unha chamada do 112
O presunto agresor, de 30 anos e parella da vítima, foi detido o martes ás 12:40 da mañá acusado de senllos delitos de ameazas e lesións. O arresto produciuse despois de que as empregadas da farmacia alertaran a unha traballadora social do concello e esta dera aviso ao 016 e o 112.
A central de coordinación de emerxencias comunicou o sucedido á Garda Civil e á Policía Autonómica, que se presentaron no lugar indicado, unha botica situada no concello lugués de Riotorto.
O presunto agresor pasou a noite nos calabozos da Pontenova e nas próximas horas será posto á disposición do xulgado de Monforte.
Segundo transcendeu, a vítima foi obrigada a casar con el en Marrocos.