Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Palma acusado de matar a coiteladas unha muller en presenza da súa filla

Detido un home en Palma acusado de matar a coiteladas unha muller en presenza da súa filla

Detivérono no coche cando levaba dentro o cadáver da muller e mais a nena ferida

G24.gal 10/12/2024 18:06 Última actualización 10/12/2024 18:22

A Policía detivo este martes en Palma un home acusado de matar a coiteladas unha muller en presenza da súa filla de 3 anos. A meniña atopárona ferida xunto á vítima nun coche tras un accidente de tráfico.

Sobre as tres da tarde produciuse unha colisión entre dous vehículos.

Ao chegar ao lugar do suceso, os equipos sanitarios e a Policía atoparon dentro dun dos coches accidentados unha muller sen vida con signos de ser acoitelada repetidas veces e unha nena ferida, e detiveron o condutor.

Descoñécese, por agora, se a agresión se produciu no vehículo ou nalgún outro lugar.

A filla da vítima foi trasladada de urxencia ao Hospital Universitario Son Espases polos traumatismos sufridos no accidente.

A condutora do outro vehículo implicado, de preto de 40 anos, sufriu un traumatismo facial e foi desprazada con prognóstico reservado ao hospital.

A Policía Nacional fíxose cargo do arrestado e investiga a relación entre a vítima mortal e o presunto homicida, así como o posible vínculo do home coa nena ferida.

De confirmarse que houbo relación de parella, sería a primeira muller vítima mortal por violencia machista en Baleares desde 2021.

No que vai de ano,  44 mulleres morreron asasinadas polas súas parellas ou exparellas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade