Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Igualada por agredir sexualmente unha muller tras drogala

Detido un home en Igualada por agredir sexualmente unha muller tras drogala

O detido ten antecedentes penais e está previsto que este martes pase a disposición xudicial

G24.gal 30/05/2023 10:41

Os Mossos d'Esquadra detiveron onte en Igualada, Barcelona, un home de 38 anos por agredir sexualmente unha muller á que previamente drogou.

Os feitos denunciados pola vítima, maior de idade, producíronse a noite do 26 ao 27 de maio no piso do home, ao que o agresor convidara a muller tras coñecela de festa.

A muller denunciou que o home a drogara para agredila sexualmente e que cando espertou non lembraba nada, segundo explican fontes próximas á investigación.

Tras a agresión sexual, a muller puxo o luns unha denuncia na comisaría dos Mossos d'Esquadra e pola tarde a policía catalá detivo o presunto autor dos feitos, que ten antecedentes penais, aínda que non por agresión sexual, e está previsto que este martes pase a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade