Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home de permiso penitenciario por agredir sexualmente unha muller no autobús Lugo-Zaragoza

Detido un home de permiso penitenciario por agredir sexualmente unha muller no autobús Lugo-Zaragoza

A agresión aconteceu cando a vítima durmía durante o traxecto

A detención do suposto agresor sexual foi posible grazas a un polícia nacional fóra de servizo que ía no mesmo autobús

G24.gal 31/05/2023 12:59

Axentes da Policía Nacional identificaron o presunto autor dunha agresión sexual a unha pasaxeira que viaxaba en autobús entre Lugo e Zaragoza. Os feitos aconteceron cando a vítima durmía durante o traxecto.

A presunta vítima é unha moza que subiu ao autobús na estación de Lugo. Asegurou que sentou soa nun asento de ventá e quedou durmida. Logo espertou ao notar que alguén que sentara posteriormente ao seu carón lle estaba a facer tocamentos.

A detención do suposto agresor sexual foi posible grazas a un polícia nacional fóra de servizo que ía no mesmo autobús, e que pediu que unha patrulla se desprazase ata a estación de Logroño. O home non negou os feitos e foi enviado de novo a prisión, xa que gozaba dun permiso penitenciario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade