Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un menor acusado de acoitelar outro nas festas da Ascensión

Detido un menor acusado de acoitelar outro nas festas da Ascensión

Á espera do atestado final, o arrestado permanece baixo a custodia dos proxenitores

A vítima, un rapaz de 14 anos, evoluciona favorablemente no Clínico de Santiago

A zona acordoada pola Policía
G24.gal 20/05/2023 09:47 Última actualización 20/05/2023 18:55

A Policía Nacional detivo este venres o suposto autor do acoitelamento dun menor de 14 anos ocorrido nas festas da Ascensión o xoves pasado, 18 de maio, nas proximidades da igrexa de Santa Susana, en Santiago.

O rapaz evoluciona favorablemente e permanece estable no complexo hospitalario universitario compostelán tras recibir unha coitelada na parte posterior da perna esquerda.

Ao parecer, a rápida actuación da Policía Nacional que lle prestou os primeiros auxilios ao rapaz, foi decisiva para salvarlle a vida.

Segundo informan as forzas de seguridade nun comunicado, os axentes que chegaron en primeiro lugar "taponaron eficientemente a ferida, que sangraba abundantemente, ata a chegada do persoal médico".

Coñecido da vítima

As investigacións realizadas pola Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría de Santiago de Compostela puideron determinar que o presunto autor da agresión sería un coñecido da vítima, tamén menor.

A Fiscalía de Menores foi informada dos feitos e, á espera do atestado final, decretou que permaneza baixo a custodia dos seus proxenitores.

Segundo o voceiro da Policía Nacional en Santiago, César Ramos, as investigacións continúan abertas para esclarecer os feitos e o motivo da agresión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade