Cargando resultados...
Detidas tres persoas en Ourense e investigadas dúas máis por cinco roubos con forza
Asaltaraon tres veces o mesmo bar, un estanco e unha farmacia
G24.gal
20/06/2023 12:34
Un home de 31 anos e residente en Lugo, outro de 20 de San Cibrao, Ourense, e un home de 29 do Carballiño foron detidos como presuntos autores de cinco roubos con forza, delito polo que están investigados unha muller de 27 anos de Lugo e outra desa mesma idade de Ramirás.
A Garda Civil de Ourense informou este martes de que os delitos se cometeron tres deles nun bar de Cambeo, Coles, un nun estanco de Cea e o outro nunha farmacia de Piñor.
O Xulgado de Instrución número dous de Ourense é o que se fixo cargo do caso.