Detidas dúas persoas na Guarda por tráfico de cocaína e heroína
A Garda Civil desmanelou un punto de venda de droga e interveu estupefacientes, diñeiro en efectivo e material para a súa distribución
A Garda Civil detivo na Guarda un home de 56 anos e unha muller de 63 como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas e desmantelou un punto de venda de estupefacientes na localidade de Baixo Miño.
A invesigación iniciouse a comezos de maio tras detectarse un aumento da presenza de consumidores de droga nas proximidades dunha vivenda. As vixilancias permitiron comprobar un continuo tránsito de persoas que acudían ao inmoble para adquirir substancias estupefacientes.
No rexistro realizado o pasado 5 de xuño, os axentes interviñeron 20 papeliñas de cocaína e heroína preparadas para a venda, 12 gramos de heroína, 70 gramos de cocaína, 50 gramos de corte, 1.700 euros en efectivo e diverso material empregado para a manipulación e distribución da droga.
Os dous detidos quedaron en libertade tras pasar a disposición xudicial, aínda que continúan investigados por un delito de tráfico de drogas.