Publicador de contidos

Publicador de contidos

O autor do apuñalamento a Yoel Quispe: "Veu pegarme, enfadeime e craveilla"

O autor do apuñalamento a Yoel Quispe: "Veu pegarme, enfadeime e craveilla"

Admite que inicialmente culpou outra persoa e asegura que a arma branca pasoulla outro dos tres acusados

O acusado de encubrir o autor da morte de Yoel Quispe nega que acordasen que facer: "Non falamos"

A Fiscalía eleva a 20 anos a petición de prisión por asasinato para o autor confeso do acoitelamento e para o acusado que lle deu a navalla

M. Dylan/Europa Press
G24.gal 11/06/2026 10:50 Última actualización 11/06/2026 13:34

O autor confeso do apuñalamento mortal a Yoel Quispe, feitos ocorridos na madrugada da Noiteboa de 2023 na Coruña e dos que inicialmente culpou outra persoa ata ser detido, atribuíu a un "arrebato" o sucedido tras acudir nun primeiro momento defender a vítima, no contexto dunha agresión con outros dous mozos.

"Veu pegarme, enfadeime e craveina", expuxo. Foi na última sesión do xuízo que se celebra na Audiencia Provincial da Coruña. "Fun defender e pegoume a min", asegurou sobre a pelexa que mantivo Yoel con outros dous mozos, condenados por lesións noutra causa xudicial. "'Arrebateime' un pouco e funlle pedir a navalla", sinalou, en relación ao momento posterior, sobre outro dos acusados.

Deste, considerado polas acusacións particulares cooperador necesario, e do outro procesado, presunto encubridor ou cómplice, indicou que estaban a mirar. Por outra banda, confirmou que sabía que o seu amigo levaba unha navalla, por saír habitualmente, concretou, con ela.

"Saqueina para asustalo, pero veu pegarme, enfadeime e craveilla", apostilou sobre Yoel e para indicar que se acordaba de que lle deu no corazón. Sobre a navalla, manifestou que lembra levantar a tapa do contedor -en que presuntamente se tirou a navalla, aínda que non foi localizada- pero non "a quen" lla deu. Só, insistiu, lembraba ese xesto. E é que, a preguntas da fiscal, remarcou que non lembraba se antes lla deu ao novo acusado de entregarlla.

Os acusados foron a unha cafetería

Mentres, declarou que se foi, tras o sucedido, cun dos procesados -non co que presuntamente lle deu a navalla, que colleu nun primeiro momento outro camiño- e que só lembra a Yoel "pegándose coa xente". Posteriormente, os tres acusados estiveron nunha cafetería tomando consumicións.

Deste momento, precisou que non lembraba se falaron do sucedido, sen ser consciente de que matara a unha persoa. Ademais, aseverou que se decatou, con posterioridade, da súa morte e que a unha amiga negoulle ser o autor do apuñalamento.

O acusado de encubrir o autor da morte de Yoel Quispe nega que acordasen que facer: "Non falamos"

O mozo acusado de encubrir o autor confeso da morte de Yoel Quispe negou que acordasen que facer, el e os outros acusados, tras o apuñalamento mortal por parte dun deles.

Foi nas contestacións realizadas a preguntas do seu defensa, a única parte á que contestou de todas as persoadas no xuízo que se celebra na Audiencia da Coruña, en concreto Fiscalía, acusacións particulares e outros dous letrados en representación dos acusados. Do autor confeso do apuñalamento mortal a Quispe, asegurou que lles dixo: "Vamos, vamos", tras o sucedido, e que el marchou do lugar con este acusado.

M. Dylan Europa Press M. Dylan Europa Press

Tamén dixo que no seu caso non sabía o que pasara e que tampouco falaron ao respecto. Despois fóronse xuntos a unha cafetería e, posteriormente, el á institucion benéfica Padre Rubinos porque naquel momento, explicou, "estaba na rúa".

Por outra banda, dixo que ata a súa detención, o 29 de decembro, non se decatou "de nada eses días". "Detivéronme, leváronme a comisaría e comentáronme o que sucedeu", apostilou.

O terceiro acusado só respondeu á súa defensa e mantivo que non coñecía o primeiro procesado e que aquel día saíu con el e o seu outro amigo por casualidade, drogáronse e logo non tivo nada que ver cos feitos.

Os tres relataron un importante consumo de alcol e drogas aquela noite.

A Fiscalía sobe a dous acusados e eleva a asasinato

A Fiscalía inicialmente só acusaba o primeiro dos procesados, aínda que ao termo do proceso engadiu o segundo como cooperador necesario. Elevou a súa acusación de homicidio a asasinato e subiu a petición para os dous acusados a vinte anos de prisión.

Unha das acusacións particulares, da nai da vítima, reclama 25 anos de prisión para os dous primeiros acusados -por asasinato con aleivosía- e 15 anos de cárcere para o terceiro, ao que considera cómplice.

En cambio, a acusación particular que representa o pai do falecido modificou as súas conclusións para excluír o último procesado, ao que ao principio consideraba encubridor.

​​​​​​Os dous últimos procesados aseguran que non está acreditada a súa participación e que non participaron na morte do mozo, polo que reclaman ser absoltos.

No entanto, a defensa do acusado como encubridor propuxo, en caso de ser condenado, a eximente de medo insuperable ou as atenuantes de consumo de drogas e alcol, unha atenuante ou eximente que tamén propón o último procesado, que fala de alteración psíquica.

Pide tamén a absolución o primeiro dos acusados, pois o seu defensa alega que actuou en "un momento de ira ou de ofuscación" e tras consumir alcol e drogas, e engade que ten unha "capacidade intelectual límite"; alén de mencionar as dilacións indebidas.

Por iso pide a absolución, aínda que alternativamente, en caso de non lograla, expón que podería ser autor dun homicidio por imprudencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade