Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan a 19 anos de prisión o narcotraficante galego Carlos García Morales, alias Matador

Condenan a 19 anos de prisión o narcotraficante galego Carlos García Morales, alias Matador

A Audiencia Provincial de Oviedo impón tamén unha multa de 145 millóns de euros ao principal acusado do alixo de cocaína

G24.gal 10/06/2026 10:08 Última actualización 10/06/2026 11:10

A Audiencia Provincial de Oviedo condena a 19 anos e medios de prisión ao narcotraficante galego, Carlos García Morales, polo alixo de 600 quilos de cocaína interceptado en Siero, Asturias. O tribunal impúxolle ademais unha multa de preto de 145 millóns de euros.

Segundo fontes xudiciais, o condenado, coñecido como Matador, foi considerado responsable dun delito contra a saúde pública con agravantes de reincidencia, pertenza a grupo criminal e tenza ilícita de armas. 

Outros tres procesados aceptaron penas de 14 anos de cárcere tras alcanzar un acordo coa Fiscalía durante o xuízo. Unha quinta acusada, exparella do principal procesado, será xulgada nunha vista separada. 

Os feitos remóntanse a 2022 e forman parte dunha invstigación internacional en que participaron narcotraficantes dos Estados Unidos, Colombia e España. A operación permitiu identificar os integrantes dunha organización que pretendía introducir en España un cargamento de 600 quilos de cocaína precedente de Colombia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade