Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para unha das dúas mulleres que secuestraron unha anciá en Vilalba

Prisión para unha das dúas mulleres que secuestraron unha anciá en Vilalba

Unha delas fíxose pasar por coidadora da anciá para entrar na casa

Da conta da anciá sacáranse 32.000 euros en efectivo

 

G24.gal 13/07/2023 14:36

Os veciños de Muimenta quedaron sorprendidos cando se produciu esta detención, nun bar céntrico e no primeiro día das festas. Dúas mulleres foron acusadas dunha boa presada de delitos: detención ilegal, estafa, apropiación indebida, omisión do deber de socorro e abandono de persoas necesitadas de especial protección. E fixéronllo todo a unha anciá, de 89 anos, que vivía soa nunha zona rural de Vilalba.

O que fixeron foi sacar a muller do seu domicilio e levala a outro piso no centro de Vilalba. A vítima estaba desorientada, pero, decatándose de que non miraban por ela, chamou a Cruz Vermella, co dispositivo que levaba enriba. Pero cando foron buscala á casa, non estaba. Así que a oenegué chamou a Garda Civil para localizala.

O caso lévano no xulgado de Vilalba, que deixou en liberdade a outra detida. As dilixencias continúan abertas, porque despois se demostrou que da conta da anciá se sacaran 32.000 euros en efectivo e todo indica que é a persoa que está en prisión a que quitou os cartos. A vítima está agora a salvo nunha residencia de anciáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar