Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen dúas mulleres de Cospeito e Vilalba por encerrar un ancián 50 días para roubarlle

Deteñen dúas mulleres de Cospeito e Vilalba por encerrar un ancián 50 días para roubarlle

Os servizos sanitarios tiveron que prestar axuda á vítima, que se atopaba soa nunha vivenda

EFE 12/07/2023 14:54

Axentes da Garda Civil detiveron dúas mulleres, veciñas de Cospeito e Vilalba, como sospeitosas dos delitos de detención ilegal, estafa, apropiación indebida, omisión do deber de socorro, abandono de familia, menores ou persoas con discapacidade necesitadas de especial protección.

Segundo a información facilitada este mércores pola Comandancia de Lugo, a investigación comezou o pasado mes de abril, por mor do auxilio que lle prestaron os servizos sanitarios a unha persoa de avanzada idade que se atopaba soa nunha vivenda.

Grazas ás pescudas realizadas, os axentes comprobaron que esta persoa estaba encerrada baixo chave na vivenda, onde levou unhas condicións de vida insalubres durante cincuenta días, ata o punto que a súa vida chegou a estar en risco por “inanición”.

Unha das sospeitosas detidas apoderouse do diñeiro que tiña a vítima nunha conta bancaria, uns 30.000 euros, sen autorización do titular. Ambas foron postas ao dispor xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade