Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home tras o falecemento doutro logo dun altercado de tráfico na A-55 en Mos

Deteñen un home tras o falecemento doutro logo dun altercado de tráfico na A-55 en Mos

O suceso produciuse este domingo á tarde, e horas despois, tras a investigación por parte da Garda Civil, produciuse o arresto

A vítima, de 54 anos, foi trasladada con vida ao hospital, onde posteriormente faleceu

G24.gal 28/09/2026 11:15 Última actualización 28/09/2026 11:43

Un home de 54 anos morreu tras un altercado de tráfico na autovía A-55, en Mos, e a Garda Civil procedeu á detención doutro home en relación con ese falecemento.

Fontes do instituto armado confirmaron a EFE que este luns pola mañá procedeu a deter o implicado neste suceso, do que apenas transcenderon detalles.

Os feitos producíronse este domingo a primeira hora da tarde na A-55, na zona de Tameiga, en dirección Vigo.

Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, foron varios os particulares os que alertaron solicitando a intervención das forzas da orde ao presenciar unha posible liorta entre ocupantes dous coches, que estaban na beiravía á altura do quilómetro 10 da vía.

Tras o incidente, a vítima foi trasladada aínda con vida ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde acabou falecendo.

A Garda Civil investiga esta morte, e horas despois do suceso procedeu á detención. Porén, polo momento agardase o resultado da autopsia para concretar se a morte está directamente relacionada coa liorta entre os dous homes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos