Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida en Ribeira por estafar 7.000 euros a unha empresa suplantando a identidade dun provedor

Detida en Ribeira por estafar 7.000 euros a unha empresa suplantando a identidade dun provedor

A Garda Civil atribúelle delitos de estafa, falsidade documental e branqueo de capitais tras desviar os cartos a contas no estranxeiro 

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 01/07/2026 11:19

A Garda Civil detivo en Ribeira unha muller como unha presunta autora dunha estafa de 7.000 euros a unha empresa á que supostamente enganou facéndose pasar por un dos seus provedores habituais. 

Segundo a investigación, os feitos producíronse en novembro de 2025, cando a empresa recibiu por correo electrónico unha factura cun número de conta distinto ao do provedor real. Tras realizar a transferencia, o verdadeiro destinatario advertiu de que non recibira o pagamento. 

A investigación permitiu comprobar que a conta bancaria da detida recibira transferencia de dúas empresas por un importe próximo aos 12.000 euros, que foron remitidos case de inmediato a contas no extranxeiro empregando unha conta para dificultar o seguimento dos fondos. 

Os investigadores consideran que a muller participou nun delito de estafa, outro de falsidade en documento mercantil e un terceiro de branqueo de capitais. Foi detida no seu domicilio de Ribeira, acolleuse ao seu dereito a non declarar e posteriormente foi posta á disposición xudicial. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade