Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen unha muller tras agredir un policía e provocar disturbios nun hotel de Carballo

Deteñen unha muller tras agredir un policía e provocar disturbios nun hotel de Carballo

As testemuñas aseguran que tiña unha actitude moi violenta

G24.gal 15/08/2022 14:55

Xosé Ramón Fernández aínda está sorprendido polo acontecido o sábado pola noite nun hotel que rexenta en Carballo. Di que é a primeira vez en 38 anos que teñen que chamar a policía. O motivo, unha muller que chegou a recepción moi alterada preguntando pola súa parella.

Xosé Ramón asegura que ao non poder contactar con el foise poñendo máis violenta e tiveron que acabar chamando a Policía Local para que inteviñese.

A policía desaloxouna do hotel pero a muller en lugar de tranquilizarse comezou a poñerse máis nerviosa e acabou cuspíndolle aos axentes e agredindo a un deles. Os hóspedes do hotel foron testemuñas do que aconteceu.

Din que era moi violenta, que tirou varias macetas na recepción e que incluso tiveron que esposala porque quería pegarlle aos policías.

Xosé Ramón asegura que a muller se puxo máis violenta cando fixo acto de presenza a policía.

A muller, unha veciña de Ferrol de 37 anos e idade, foi reducida e trasladado aos calabozos da Garda Civil de Carballo onde pasou a noite. O domingo tras prestar declaración quedou en liberdade á espera de xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade