Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Deteñen un galego a bordo dun veleiro con 1,3 toneladas de cocaína
No operativo levado a cabo por autoridades españolas e francesas en Martinica houbo outros dous detidos
            
                            G24.gal
                        
                            19/09/2022 13:29
                        
                        
                        
                        
                    
                    Detido en Martinica, no mar Caribe, un galego que ía a bordo dun veleiro cargado con 1.300 quilos de cocaína. No operativo en mar aberto, desenvolvido conxuntamente entre as autoridades francesas e españolas, foron detidas outras dúas persoas, unha delas tamén española.
A droga comisada tería un valor duns 50 millóns de euros no mercado ilícito europeo. Os arrestados xa pasaron a disposición xudicial. Trátase dunha das maiores intervencións policiais en mar aberto contra o tráfico de cocaína destinada a Europa dos últimos meses.