Deteñen os dous presuntos atracadores dun estanco en Lalín media hora despois do asalto
Os berros da estanqueira alertaron os negocios próximos, que acudiron auxiliala
A estanqueira tivo que ser atendida no centro de saude e despois no hospital polas lesións que sufriu durante o enfrontamento co atracador
A estanqueira, que leva case toda a vida atendendo o negocio que antes pertenceu ao seu avó, quere pasar páxina e declinou facer declaracións sobre o violento episodio que vivíu o sabado. Ao redor das 10 da mañá entrou un individuo encapuchado, empurrouna cara a parte de atrás do local e golpeouna para inmobilizala porque ela intentou defenderse.
A continuación entrou outro home encapuchado e colleu os cartos da caixa. Fuxiron con uns 500 euros. Os berros da estanqueira alertaron aos negocios próximos que acudiron a auxiliala. A alarma tamén saltou e axiña se mobilizaron a Policia Local e a Garda Civil. Apenas media hora despois do asalto lograron deter aos dous presuntos atracadores. Un deles é un coñecido delincuente e o outro mesmo era cliente do negocio.
A estanqueira tivo que ser atendida no centro de saude e despois no hospital polas lesións que sufríu durante o enfrontamento co atracador. Os detidos permanecen arrestados no cuartel da Garda Civil de Lalín. Está previso que mañá pasen a disposición xudicial.