Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home en Nottingham polo presunto asasinato de tres persoas

Deteñen un home en Nottingham polo presunto asasinato de tres persoas

Tres persoas máis quedaron feridas tras ser atropeladas por unha furgoneta

A policía do condado advirte á cidadanía que deben evitar as rúas que foron pechadas por mor da investigación

G24.gal 13/06/2023 11:17

Un home de 31 anos foi detido este martes en Nottingham, no norte de Inglaterra, por crer a policía do condado que pode estar relacionado co asasinato de tres persoas no centro desta cidade.

"Cremos que estes tres casos están relacionados e temos un home baixo custodia. A investigación atópase nas súas primeiras etapas e un equipo de detectives está a traballar para establecer exactamente o que sucedeu", sinalou a comisaria de Policía de Nottinghamshire, Kate Meynell.

Foi unha noite complexa na que as forzas de seguridade atoparon dous falecidos e, pouco despois das 4:00 hora local, atenderon un incidente no que unha furgoneta atropelou a tres persoas que quedaron feridas. Posteriormente acharon un terceiro cadáver noutra rúa de Nottingham.

"Hai varios peches de rúas en toda a cidade mentres se investigan os feitos. Pedimos a público e aos automobilistas que eviten esas áreas e planifiquen roteiros alternativos", indicou a comisaria.

Os tres casos investigados producíronse en áreas moi dispares de Nottingham: o atropelo en Milton Street, en pleno centro comercial; os dous cadáveres atopáronse en Ilkeston Road (ao leste); e o terceiro falecido achouse en Magdala Road (ao norte).

Unha testemuña dos ataques deste martes en Nottingham, no norte de Inglaterra, dixo que escoitou "berros horribles e arrepiantes". O individuo, que se mantivo anónimo, afirmou á BBC que tras escoitalos mirou pola fiestra e viu a un "home negro vestido de negro cunha carapucha e unha mochila que forcejeaba con algunhas persoas", un home e unha muller.

"Ela estaba a gritar: 'Axuda!'. Oxalá eu gritase algo pola xanela para poñer nervioso ao agresor. Vino apuñalar primeiro ao raparigo e logo á muller. Foron apuñalamentos repetidos, catro ou cinco veces. O raparigo esborrallouse no medio da rúa", dixo.

Na súa conta de Twitter, o primeiro ministro británico, Rishi Sunak, agradeceu "a policía e aos servizos de emerxencia pola súa resposta ao impactante incidente en Nottingham esta mañá. Mantéñenme ao tanto dos acontecementos. Débese dar tempo á policía para que realice o seu traballo". Trasladoulle o seu pesar aos achegados das persoas asasinadas.

Así mesmo, o líder da oposición laborista, Keir Starmer, enviou as condolencias aos familiares dos falecidos e agradeceu o labor dos servizos de emerxencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade