Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home en Cambados con seis quilos de cocaína, 27 de haxix e oito de marihuana

Deteñen un home en Cambados con seis quilos de cocaína, 27 de haxix e oito de marihuana

Na vivenda, ademais da droga, a Udyco localizou unha pistola municionada, diñeiro, unha báscula de precisión, unha máquina de envasar ao baleiro e diversa documentación

Droga confiscada pola Policía Nacional ao narcotraficante cambadés Droga confiscada pola Policía Nacional ao narcotraficante cambadés
G24.gal 13/11/2025 14:04

O Grupo II da Udyco de Pontevedra detivo a un home no municipio pontevedrés de Cambados ao que se lle incautaron na súa vivenda seis quilos de cocaína, 27 de haxix e oito de marihuana.

Segundo trasladou a Policía Nacional, a operación, denominada Logan, levouse a cabo desde hai semanas, despois de descubrir que este veciño de Cambados se estaría a dedicar á distribución de importantes cantidades de cocaína, haxix e marihuana a pequenos narcotraficantes que á súa vez revendían a consumidores e a outros vendedores.

Deste xeito, os axentes efectuaron unha serie de vixilancias que culminaron na mañá do pasado día 7 de novembro coa detención do implicado e o rexistro do seu domicilio.

Con esta detención, a Policía dá por desmantelado un importante punto de venda de drogas que causaba múltiples molestias aos residentes do lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade