Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden reformas legais para ser máis eficaces contra o narcotráfico

Piden reformas legais para ser máis eficaces contra o narcotráfico

A Fundación Galega contra o Narcotráfico reúne na Estrada expertos xudiciais e corpos de seguridade para impulsar unha reforma lexislativa que facilite a loita contra o crime organizado 

G24.gal 06/11/2025 14:57

O narcotráfico internacional é cada vez máis violento. Clans do leste, grupos marselleses e mafia colombiana xa usan armas de guerra e reparten, ás veces con enfrontamentos polo seu rol, un pastel que lles deixa moito diñeiro negro, e de paso, unha gran pegada social e ambiental. 

Os expertos din que a nivel global aumenta o branqueo de capitais, e que os narcos, cada vez máis poderosos, se introducen no poder político; afirman que nalgúns lugares de América do Sur pódese falar de narcoestados.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico pide unha reforma legal para que o crime organizado teñan máis penalización económica e para que a loita sexa máis eficaz. Este xoves reuniron os principais especialistas xudiciais e policiais para impulsar, desde Galicia, un cambio lexislativo que faga mais eficaz a loita contra o que a ONU denomina "a pandemia de cocaína".

"Existe, como di a ONU, unha pandemia de cocaína posto que se multiplicaron os cultivos en Colombia e o envío de cocaína cara a Europa. Existe tamén un problema medioambiental clarísimo porque estes laboratorios clandestinos tiran os produtos químicos", dixo Antonio Martínez, o comisario principal da UDYCO Central do CNP

E este ano van doce laboratorios de coca desartellados en España, e dez de drogas sintéticas, que ata agora se procesaban en Holanda. Narcopisos, narcosubmarinos, narcolanchas, a linguaxe vaise adaptando, ao tempo que tamén as forzas de seguridade sofistican os medios.

"A cooperación internacional, sobre todo no ámbito da UE, é privilexiada Pero temos unha Lei de Enxuizamento Criminal de máis de cen anos, lenta e inoperativa", explicou Luis Uriarte, o fiscal especial antidroga.
 

Hoxe, expertos xudiciais e policiais reunidos na Estrada buscan mellorar a eficacia da loita

"Así como despois do congreso que tivemos en Bamio puidemos conseguir un principio legal moi importante, que é a inversión da carga da proba, hoxe queremos que se faga o mesmo coa multirreincidencia, os narcopisos", declarou Manuel Antonio Couceiro, o presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico 

E, sobre todo, din, queren conseguir que a comisión deste tipo de delitos supoña a expropiación dos bens patrimoniais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade