Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detectan un condutor circulando a 140 quilómetros hora nun tramo limitado a 50 en Ribadumia

Detectan un condutor circulando a 140 quilómetros hora nun tramo limitado a 50 en Ribadumia

En caso de ser condenado, o mozo exponse a sancións e á posibilidade da retirada temporal do permiso de conducir

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 06/10/2026 13:25

Un condutor foi detectado circulando nun vehículo a 140 quilómetros por hora nun tramo de estrada do municipio pontevedrés de Ribadumia limitado a 50, segundo informou este martes a Garda Civil.

O vehículo, conducido por un mozo de 26 anos, foi detectado a excesiva velocidade por un radar ás 08:50 horas desta mañá na estrada PO-300, precisa o citado corpo policial.

O individuo, acusado dun presunto delito de contra a seguridade viaria, deberá comparecer ante o Tribunal de instancia de Cambados (Pontevedra) cando sexa requirido.

En caso de ser condenado, o mozo exponse a sancións e á posibilidade da retirada temporal do permiso de conducir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade