Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridas tres persoas nunha colisión frontal entre dous vehículos en Castro de Rei

Feridas tres persoas nunha colisión frontal entre dous vehículos en Castro de Rei

Os bombeiros de Vilalba liberaron unha persoa que permanecía atrapada, que foi trasladada xunto con outros dous feridos polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia

Bombeiros de Vilalba Bombeiros de Vilalba
G24.gal 06/10/2026 13:53 Última actualización 06/10/2026 14:24

Tres persoas resultaron feridas este martes tras producirse unha colisión frontal entre dous vehículos na localidade lucense de Castro de Rei. Segundo detallou o 112 Galicia, sobre as 11:15 horas un particular alertaba á central de emerxencias de que se producira un choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da estrada N-640.  Ademais, nesta primeira comunicación, o alertador sinalaba que unha persoa permanecía atrapada no interior dun dos coches

Con estes datos, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou un operativo do que formaron parte o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da vía.

Xa no lugar, os bombeiros liberaron a persoa que permanecía atrapada, que foi trasladada xunto con outros dous feridos polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar