Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan un veciño de Camariñas con máis de 60 quilos de peixe capturado de xeito ilegal

Detectan un veciño de Camariñas con máis de 60 quilos de peixe capturado de xeito ilegal

Axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña aprehenderon 61,5 quilos de diferentes especies de peixe

Peixe aprehendido pola Garda Civil na Coruña/Garda Civil Peixe aprehendido pola Garda Civil na Coruña/Garda Civil
G24.gal 12/08/2023 11:37

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautoulle a un veciño de Camariñas 61,75 kg de peixe capturado de forma ilegal.

Os feitos sucederon cando efectivos da mencionada Unidade interceptaron na estrada AC432 (Vimianzo-Camariñas) un furgón con diferentes especies de peixe non achegando o seu ocupante a documentación necesaria para o seu transporte.

Por estes feitos a Garda Civil acompañou ao condutor da furgoneta ata o Porto da Coruña para proceder a unha inspección máis exhaustiva da mercadoría e á súa pesada, procedendo á incautación de:

55,15 kg de robaliza que eran transportadas sen documento algún que garantise a súa procedencia, rastrexabilidade e identificación. O documento que levaba só amparaba un quilo.

4,75 quilos de polbo que era de exceso sobre os 5 quilos que amparaba o documento de transporte expedido polo pesqueiro.

2,25 kg de nécora, xa que dos 14,15 kg de transportaba unicamente 12 ían amparados por dous documentos do pesqueiro.

Por estes feitos a Garda Civil procedeu ás correspondentes actas de denuncia por supostas infraccións á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia.

A robaliza e o polbo foron entregados á Asociación Benéfica Padre Rubinos da Coruña, mentres que a nécora que se atopaba con vida foi devolta ao mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos