Desparece un piloto galego tras un accidente no Atlántico
A aeronave saíra dos Estados Unidos e ía rumbo aos Azores
Emitiu un sinal de emerxencia a 400 quilómetros da costa canadense

O piloto, de 60 anos, formado na Coruña e asentado en Vilagarcía, desapareceu o pasado 29 de abril. Saíu dos Estados Unidos con destino aos Azores. Voaba só nunha aeronave nova de usos agrícolas e forestais.
Por motivos que poderían estar relacionados cunha acumulación de xeo, emitiu un sinal de emerxencia cando estaba a 400 quilómetros da costa canadense. Ao perder a comunicación cos controladores, os gardacostas saíron ao rescate e buscárono durante dous días.
Despois suspenderon a busca por mal tempo. Non atoparon restos da fuselaxe nin do piloto, pero si un flotador de avión, unha mancha de aceite na superficie e a balsa salvavidas baleira.