Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez defende a expulsión de Israel de Eurovisión

Sánchez defende a expulsión de Israel de Eurovisión

"O que non podemos permitir son dobres estándares", declarou o presidente do Goberno

Jens Büttner Jens Büttner
G24.gal 19/05/2025 14:00

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, defendeu este luns a expulsión de Israel do Festival de Eurovisión como consecuencia da súa ofensiva militar en Gaza, tras os atentados do 7 de outubro de 2023 por parte de Hamas.

Así o expresou o líder do Executivo na clausura do acto de presentación do informe 'Os sectores culturais e creativos en España', da Fundación Cotec. Neste foro Pedro Sánchez lembrou que "ninguén levou as mans á cabeza" cando se iniciou hai tres anos a invasión de Rusia a Ucraína e "se lle esixiu a saída" de competicións internacionais e tamén non participar en Eurovisión.

"E polo tanto, tampouco debería facelo Israel, porque o que non podemos permitir son dobres estándares, tampouco na cultura", declarou o presidente do Goberno, para despois enviar "un abrazo solidario para o pobo de Ucraína e o pobo de Palestina, que están a vivir o despropósito da guerra e do bombardeo".

En febreiro de 2022, a Xunta Executiva da Unión Europea de Radiodifusión (UER) anunciaba que Rusia non podería concursar no festival tras a "crise sen precedentes en Ucraína" e porque a súa participación neste concurso "desacreditaría a competencia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade