Cargando resultados...
Manifestación en Vigo para pedir melloras na atención sanitaria
A protesta foi convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública e asistiron, entre outras autoridades, Ana Pontón e Abel Caballero
G24.gal
04/12/2025 20:36
A plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha protesta en Vigo. Baixo o lema 'Reconstruír a área sanitaria de Vigo', reclamaron un reforzo da Atención Primaria e hospitalaria e tamén demandaron máis pediatras.
Desde a plataforma piden máis financiamento para potenciar a sanidade, que sexa 100% pública e non se deriven pacientes á sanidade privada.
A manifestación contou coa asistencia de dirixentes políticos, como a portavoz nacional do BNG e o alcalde de Vigo.