Cargando resultados...
Un incendio nun niño de cegoñas deixa sen luz parte do Corgo
O corte de luz afectou o propio concello da vila
Non se desbota que o aniñadoiro partise un cable ao aumentar o seu peso debido á humidade

G24.gal
19/05/2025 14:42
Un incendio nun niño de cegoñas deixou sen luz parte da vila lucense do Corgo, incluída a casa do concello. Ata o lugar, á beira da estrada nacional sexta, desprazáronse os bombeiros de Sarria. Tamén acudiron efectivos da Garda Civil, que investigan o acontecido.
Non se desbota que o aniñadoiro partise un cable ao aumentar o seu peso debido á humidade.