Desmantelada unha banda que estafou 200.000 euros en combustible
Foron detidas 15 persoas, acusadas de pertenza a organización criminal, falsidade documental, usurpación de identidade e estafa
Obtiñan beneficios vendendo combustible a prezos inferiores aos do mercado
A Garda Civil desmantelou unha banda que estafou case 200.000 euros con combustible obtido fraudulentamente en tres provincias do sureste da Península. Durante a redada foron detidas 15 persoas.
Os membros da banda de estafadores desmantelada pola Garda Civil suplantaba a identidade de empresas reais para formalizar contratos online de tarxetas de combustible con empresas do sector de hidrocarburos.
Despois facían pedidos de combustible e material que nunca pagaban polo que as débedas recaian sobre as empresas suplantadas.
"Os membros desta rede obtiñan beneficios coa venda do combustible e dos produtos adquiridos a prezos inferiores aos do mercado".
15 detidos e 18.000 litros de gasóleo intervidos
A banda contaba cunha estrutura perfectamente definida e estivo activa entre xullo e novembro do ano pasado nas provincias de Almería, Alacante e Murcia.
Durante a redada foron detidas 15 persoas. "Aos detidos atribúenselles os supostos delitos de pertenza a organización criminal, falsidade documental, usurpación de identidade e estafa".
Na nave dunha empresa de material eléctrico os axentes interviñeron 18.000 litros de gasóleo obtidos coas tarxetas fraudulentas.