Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desfeita do Ourense C. F. que terá que xogar a permanencia no 'play out'

Desfeita do Ourense C. F. que terá que xogar a permanencia no 'play out'

Precisaba a vitoria diante dun Laredo xa descendido

Palmás marcou no 43 pero o equipo cántabro empatou, de penalti, na última xogada do encontro

G24.gal 14/05/2023 14:54

Desfeita ao final do partido do Ourense C. F. diante do Laredo. Dependía de si mesmo para salvarse diante dun rival xa descendido. Durante moitos minutos foi por diante no marcador, pero na última xogada do encontro viu como os cántabros empataban de penalti (1-1), resultado que os condena ao 'play out'. 

O Laredo saíu moi forte pero co paso dos minutos o Ourense foi xerando oportunidades. No 38 marcou Amin pero o árbitro anulouno por fóra de xogo, unha acción que lle custou o vermello ao adestrador Rubén Domínguez por protestar. Pouco despois Palmás anotaba o tanto diante da ledicia do Couto. 

Os galegos gozaron de moitas ocasións para marcar o segundo, incluído un penalti fallado por Manu Rodríguez. Achegabámonos ao minuto 70 e comezaban a aparecer os nervios. O Ourense cada vez xogaba máis atrás e o Laredo pisaba a área con perigo. O colexiado non asubiou un claro penalti sobre Amin e na última acción do partido Ebuka derrubou a Musy. O penalti marcouno Nates diante da incredulidade dun equipo que tiña a permanencia na man. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos