Cargando resultados...
O Lugo gáñalle ao Fabril cos goles de Teofilovic e Palma
O equipo de Borja Fernández está a deixar moi boas sensacións nas primeiras semanas de pretemporada
G24.gal
01/08/2026 21:25
Vitoria do Club Deportivo Lugo diante do Fabril por 2-0 nun partido amigable que se xogou en Pol. Adiantáronse os de Borja Fernández no minuto 35, logo dun penalti por un control coa man dentro da área dun defensor fabrilista. Da transformación encargouse Teofilovic, quen marcou cun disparo axustado ao pau. Tralo lecer os lugueses aumentaron a súa vantaxe logo dunha boa presión na saída de balón do conxunto coruñés. O mexicano Arturo Palma culminou a xogada posterior. Era o minuto 57 de partido e o marcador xa non se moveu.