Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo empata co St. Pauli no primeiro amigable esixente (2-2)

O Deportivo empata co St. Pauli no primeiro amigable esixente (2-2)

O polaco Bright Ede e Zakaria marcaron os goles do equipo deportivista

Foi un partido de 120 minutos no que Antonio Hidalgo aproveitou para sacar dous equipos diferentes

G24.gal 01/08/2026 21:13

O Deportivo empatou co Sant Pauli no terceiro amigable da pretemporada (2-2). Foi un partido que pactaron os dous equipos de 120 minutos no que Antonio Hidalgo puido xogar con dous equipos diferentes que tiveron unha carga de sesenta minutos cada un. Un erro na saída de Leo Román deulle a primeira vantaxe os xermanos o tropezar o balón no xaponés Hara nunha primeira fase na que os locais foron superiores e, incluso, puideron aumentar a vantaxe o fío do descanso nun remate o poste.

A volta da caseta o Sankt Pauli seguiu coa súa ofensiva ata acumular tres ocasións en tres minutos. Responderon os coruñeses con catro oportunidades en cinco minutos, unha das cales culminou no tanto do empate conseguido polo central Bright Ede ó saque dun córner. Á hora de xogo, Hidalgo realizou un carrusel de trocos que acabaron desencadenando o segundo tanto alemán nun gran remate de Kaars no minuto 73.

Pero antes de rematar o segundo tempo, Zaka, logo dunha serie de rebotes, logrou a igualada coa que remataría a segunda metade. Na terceira fase non se moveu o marcador grazas a unha intervención do meta deportivista na última xogada do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade