Desfeita do Barcelona na Liga de Campións
O empate ante o Inter no Camp Nou (3-3) afástao dos oitavos de final
O Atlético tamén complica a súa clasificación despois de empatar co Bruxas na casa (0-0)

Desfeita do Barcelona, case eliminado da Liga de Campións e con dúas xornadas por diante para buscar, cando menos, manterse na Europa League. Era o grande obxectivo de Laporta, volver ser un grande na Champions, e o fracaso resulta maiúsculo.
Precisaba gañarlle ao Inter de Milán e a cousa non comezou mal, porque Dembelé marcou no 40. Pero na segunda metade remontou o Inter cos goles de Barella, despois dun erro grave de Piqué, e de Lautaro Martínez.
El fallo de Piqué.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 12, 2022
El empate del Inter. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/twgTQRHWAA
Buscou á desesperada o Barcelona os dous goles que lle permitiran manterse con vida. No 81 Lewandowski cazou unha bola na área e meteuna na rede favorecido por un rexeite. Quedaban dous minutos para o final e, co Barça envorcado, o Inter montou unha contra que rematou cun gol de Gosens que sentenciaba o grupo. Habería tempo para o empate de Lewandowski no engadido (3-3), un empate insuficiente porque o Barcelona precisa que o Inter non lle gañe ao modesto Viktoria Plzen.

O Atlético, incapaz de marcar contra o Bruxas
O Atlético de Madrid tamén o ten moi complicado para meterse nos oitavos de final da Champions logo de empatar 0-0 no seu campo ante o sorprendente Bruxas. A actuación do porteiro belga resultou decisiva para frear todas as tentativas do equipo de Simeone, que xogará no campo do Porto boa parte das súas posibilidades. O Bruxas, cincenta do grupo, xa está na seguinte fase da Liga de Campións, e os outros tres equipos terán que disputar o outro posto.
No hubo manera.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 12, 2022
El Atleti se quedó a cero ante el Brujas. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/8SwWfDkLYc