Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desde O Canadá ata A Guarda con 30.000 coches en miniatura

Desde O Canadá ata A Guarda con 30.000 coches en miniatura

Esta tenda especializada naceu de xeito online no Canadá

Despois de 40 anos emigrados no Canadá, os propietarios da tenda, Pedro e Daniela, decidiron retornar e abrir un local na Guarda

G24.gal 25/04/2026 14:33

O seu catálogo de coches en miniatura ten arredor de 30.000 modelos. Esta tenda especializada naceu de xeito online no Canadá e trasladouse hai tres meses a este local da Guarda.

"30.000 referencias, máis ou menos. Cada referencia pode ter oito coches. Realmente nin eu sei o que pode haber aquí", explica o copropietario da tenda, Pedro Ruibal. 

Despois de 40 anos emigrados no Canadá, os propietarios da tenda, Pedro e Daniela, decidiron retornar. A política arancelaria de Donald Trump facía inviable o seu negocio, xa que a maioría das súas vendas eran para o mercado estadounidense.

"Un arancel de 50 euros, e despois dun tempo aumentou a 100. Era inviable facer o negocio alí. Collemos, metemos todo nun colector e viñemos de volta para o meu país", explica Pedro Ruibal.

Aquí reciben arredor duns 200 pedidos diarios. Varios pedidos están a punto de saír para Madrid, Huelva ou Finlandia. O 80 % das súas vendas son online, pero a tenda atreae coleccionistas de toda Galicia, España e Portugal.

"De todos os lados, de España, de Portugal, de Porto, de Lisboa, de Santiago, A Coruña, Madrid, Barcelona..." asegura Pedro Ruibal.

Para a propietario desta tenda da Guarda, os coches non son simplemente un negocio. El tamén os colecciona desde que era un rapaz, e hoxe ten arredor duns 50 mil modelos.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade