Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arquivo de Mondoñedo recibe case 8.000 correos de persoas que buscan as súas raíces galegas

O Arquivo de Mondoñedo recibe case 8.000 correos de persoas que buscan as súas raíces galegas

No último ano case se duplicou a solicitude de información respecto ao 2024

 

 

G24.gal 05/01/2026 14:33

Desde o Arquivo de Mondoñedo, con máis de 15.000 volumes, saen boa parte das partidas de bautismo que xustifican a orixe galega de moitos emigrantes. 

Cada día, logo de consultar os correos electrónicos, comeza o traballo de busca, consulta e investigación. 

Un traballo complexo e lento porque os documentos non están dixitalizados, pero co que está moi implicado.

Conta con colaboradores, pero o volume de traballo é grande: no 2025 recibíronse case oito mil peticións, máis do dobre que no ano anterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade