Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reencontro dos alumnos da primeira promoción de COU do colexio de ALCA de Ames

Reencontro dos alumnos da primeira promoción de COU do colexio de ALCA de Ames

As orixes do colexio remóntanse á academia que montaron nos anos 60 dous matemáticos no centro de Santiago

G24.gal 23/05/2026 21:57

Reencontro con moita nostalxia en Santiago. Os alumnos da primeira promoción de COU do colexio ALCA de Ames reúnense para celebrar a traxectoria dun centro que botou a andar en 1975 co obxectivo de revolucionar as aulas e os métodos pedagóxicos.

Cinco décadas despois, aqueles pioneiros botan a vista atrás para facer balance de todo o camiño percorrido e lembrar a profunda pegada que o colexio deixou nas súas vidas.

As orixes do colexio remóntanse á academia que montaron nos anos 60 dous matemáticos no centro de Santiago. Daban Álxebra e Cálculo, e din que de aí puido vir o nome de ALCA, o centro que abriu en Ames o ano 1975.  

"Unha decada prodixiosa a nivel social, cultural económico, de grandes transformacións tamén na década dos 80-90. Unha escola, un centro educativo ten que tratar de dar resposta" declara o director académico do colexio Alca, Fausto Varela Durán

Nestes días de celebración polo medio século, a comunidade do colexio lembra o seu percorrido.

"​​​​​​Traballamos co mellor da humanidade, que son os nenos, entón non hai nunca que olvidarse diso" expresounos o profesor xubilado, Xavier Montaner

"O ensino non samente se enfoca na parte regrada senón tamén na aplicada, é dicir, hábitor, hobbies, actividades, socialización... Todos os profesores, a parte de ser especialistas nas súas materias trataron sempre de guiar aos seus alumnos"

"Todos os profesores, absolutamente tdoos, te den clase ou non, saben quen eres, como te apelidas, quen é teu pai, quen é túa nai" comentou o exalumno Ángel Suárez

"Son os nosos fillos, pero son os vosos alumnos, iso implica un compromiso moi forte"

Un centro educativo cun aniversario sinalado. Unha boa escusa para lembrar aqueles tempos que todos temos sinalados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos