Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bebé perdido na evacuación do aeroporto de Kabul reencóntrase co seu avó

O bebé perdido na evacuación do aeroporto de Kabul reencóntrase co seu avó

A familia entregouno a un militar estadounidense para salvalo do caos e nunca máis o atoparon

Un taxista e a súa familia fixéronse cargo del desde hai cinco meses

G24.gal 10/01/2022 20:44

O 19 de agosto de 2021 no medio do caos da evacuación de afgáns ante o control talibán, un bebé de dous meses foi entregado á desesperada a un soldado estadounidense para salvalo. A imaxe deu a volta ao mundo.

A familia non volveu atopalo. Pero un taxista encontrouno tirado no chan do aeroporto e, logo de preguntar se era de alguén, non dubidou e levalo para a casa e tratalo coma a un fillo máis desde entón. 

Pasaron cinco meses. Tempo de incerteza para a súa familia, que o buscaba sen descanso desde os EUA a través dos medios e das redes sociais.

Coa axuda da policía talibán, con quen intentaron negociar sen éxito ser evacuados aos EUA, e non exentos de sufrimento por separarse do meniño, localizaron o seu avó e entregáronllo.

Polo momento o neno non poderá reunirse cos seus pais, en Texas, á espera de ser reasentados.

Vivirá co avó e unha tía, pendentes dos seus coidados. Pendente estará tamén a súa nova familia adoptiva, que, ao día seguinte de separarse del, xa foi visitalo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos