O Plan Cualifica Emprego logra que 400 galegos do exterior veñan traballar a Galicia
Os beneficiarios chegan cun contrato laboral garantido polas empresas que participan no programa e a Xunta ofrece axudas para a viaxe, vivenda ou a escolarización dos fillos
Catrocentos galegos do exterior regresaron a Galicia nos dous últimos dous anos grazas ás axudas do Plan Retorna Cualifica Emprego, que ofrece aos descendentes de galegos maiores de 55 anos contratos estables en empresas de Galicia. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este martes a sede de Gadisa, que é unha das empresas que participa neste programa do Goberno autonómico para favorecer o retorno dos emigrantes.
Durante o seu percorrido polas instalacións de Gadisa en Betanzos, Alfonso Rueda falou con algún dos 27 galegos procedentes de Cuba, O Uruguai, A Arxentina e O Brasil que ten a empresa contratados para cubrir as vacantes que teñen, sobre todo, en loxística e supermercados de tres provincias. Jesús Ifrán, un dos beneficiarios, explicou que leva 25 días en Galicia e que o seu obxectivo é traer a familia a vivir aquí.
Como Ifrán, todos chegan a Galicia cun contrato estable das empresas, que tamén os cualifica para o posto de traballo, mentres que a Xunta lles ofrece axudas para a viaxe, vivenda ou a escolarización dos seus fillos. Alfonso Rueda destaca o éxito da estratexia retorna, que está a ser copiada, di, por outras comunidades.