Publicador de contidos

Publicador de contidos

De comercial a granxeiro para xestionar dúas explotacións dos seus avós

De comercial a granxeiro para xestionar dúas explotacións dos seus avós

A raíz da pandemia, un mozo vilalbés viu que prefería traballar no campo e deu un xiro á súa vida

As súas gandarías distan quince quilómetros unha da outra, pero asegura que non se arrrepinte da decisión tomada

Ten unha conta de Instagram na que colga fotos das súas vacas para demostrar que o campo ten futuro 

 

G24.gal 11/03/2026 20:39

Rubén deu un xiro total á súa vida hai case tres anos. Confesa este mozo de Vilalba que "foi todo a raíz da pandemia, cando estaba teletraballando e vin que eso non era o meu".

Conta coa axuda dos pais, e dos avós, que non poden estar máis orgullosos do seu neto. Salienta Rubén Carballeira que "foi o mellor que lles puido pasar os meus avós, non ver que os seus animais se ían".

Modernizou a xestión das granxas e mesmo conta cun perfil en Instagram. Fixoo coa intención de que a xente "visualizase que o campo non é algo do pasado, senón que ten moito futuro".

As protagonistas son, como non, as súas vacas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade