O PPdeG reafirma o seu "compromiso" cos autónomos, fronte o que considera "obstáculos" do Goberno
Nun encontro con emprendedores, os populares lembran que a Xunta destinará máis de 42 millóns de euros a apoiar os autónomos, a través de distintas liñas que se poden pedir deste esta semana
As iniciativas abranguen desde o inicio da actividade ata a súa consolidación e mantemento, e inclúen tamén medidas de conciliación e remuda
Nunha reunión de traballo con empresarios e autónomos na sede dos populares en Santiago, o coordinador de Emprego, Pablo Fernández López, puxo en valor as políticas da Xunta.
Destacou que o Goberno liderado por Alfonso Rueda destina este ano máis de 42 millóns de euros en apoios específicos aos autónomos, a través de distintas liñas que se poden pedir deste esta semana.
Os populares resaltaron tamén o compromiso de Núñez Feijóo co sector, con medidas que apostan pola redución de impostos e pola protección ao emprendemento.
Na xuntanza tamén se abordou o papel da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con 15 centros espallados por Galicia que, segundo os populares, xa levan asesorado máis de 5.600 proxectos.