Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prado insta os socios de goberno á reflexión e a que permitan eleccións

Prado insta os socios de goberno á reflexión e a que permitan eleccións

 Paula Prado subliñou que "isto é un ambiente de corrupción irrespirable", e entende que Sánchez non quere abandonar a Moncloa

En canto á moción de censura, Prado dixo que non dan as contas, e que os socios de goberno non deixan caer a Sánchez

Paula Prado foi entrevistada no informativo 'Bos días' da Televisión de Galicia
G24.gal 22/05/2026 09:50

O 18 de febreiro de 2024 foi a data en que os galegos acudimos ás urnas para elixir o Goberno da Xunta; agora, xa no ecuador desta lexislatura, a número XII, os populares galegos fan balance e tiran de máis do 80 % do programa electoral cumprido. A súa secretaria xeral, Paula Prado, acudiu á entrevista no Bos días da Televisión de Galicia.

Prado comezou analizando a imputación do expresidente de España José Luís Rodríguez Zapatero, e afirmou que o Goberno está máis ocupado en tapar todos os casos xudiciais e de corrupción que o asolan e que se están desatendendo as demandas dos problemas dos españois.

"Como poden defender a Zapatero con ese auto xuridicamente claro e tan contundente e que só só hai dúas opcións: ou ben os que o defenden están na trama ou ben é que renuncian a un estado democrático donde os gobernantes teñen a obriga de ser honestos e non corrputos", destacou Prado.

Rueda manifestou que están na fin do ciclo político de Pedro Sánchez e Paula Prado subliñou que " isto é un ambiente de corrupción irrespirable" e entende que Sánchez non quere abandonar a Moncloa. 

"Creo que todos os socios do Goberno e todos os que manteñen o Goberno de España deberían de reflexionar e ver se ese é o Goberno que queren para o noso país. Non están ocupados nin preocupados por resolver os problemas dos cidadáns, senón que están a outra cousa. Eu confío en que todos eses partidos políticos que sosteñen a Pedro Sánchez na Moncloa reflexionen e asuman unha responsabilidade de Estado e abran as portas das urnas para que os cidadáns decidan que Goberno queren que os representen", destacou a secretaria xeral do PPdeG.

Sobre o posicionamento de Besteiro de defender a Pedro Sánchez, e do BNG, que non se quere pronunciar expresamente, afirmou que o PSdeG está entregado ás mans do sanchismo. Sobre o BNG dixo que está atado tanto a Zapatero como a Pedro Sánchez. Preguntouse se Pontón diría o mesmo se fose un expresidente do Partido Popular, e lembrou algún caso de corrupción dentro do BNG, como foi a condena á exalcaldesa de Melide, Socorro García Cea, a un ano e medio de prisión por corrupción.

En canto á moción de censura, Prado dixo que non dan as contas, e que os socios de goberno non deixan caer a Sánchez. Subliñou que Feijóo xa manifestara que se lle desen as contas, faría unha moción de censura instrumental para onvocar eleccións.

Eleccións en Andalucía

Paula Prado analizou os resultados nas elccións en Andalucía e destacou que Juanma Moreno sacou un magnífico resultado electoral e que cada vez é máis difícil conseguir unha manioría absoluta. Destacou que Rueda é o presidente autonómico que ten un maior apoio electoral, un 47,4 %, e iso é porque os galegos confían no PP e queren estabilidade.

Balance da lexislatura e situación da vivenda

O pasado sábado 16 de maio fíxose un acto en Vigo sobre o balance da lexislatura de Rueda, ao que se referiu a secretaria xeral do PPdeG. Sobre a vivenda pública, Prado destacou o compromiso que adquiriron de construír 4.000 vivendas en catro anos e que esa cifra xa está máis que superada.

"O PP e o Goberno da Xunta están moi ocupados en resolver o problema da vivenda, que é o primero problema que hai agora mesmo en Galicia e en España", manifestou Prado.

Eleccións municipais

En maio de 2027 hai eleccións municipais, e no partido Popular xa comezaron a engraxar a maquinaria e no mes de xuño xa estarán pechados os candidatos nas principais cidades galegas. Prado destacou que o PP goberna en dúas grandes cidades galegas e que gañaron as eleccións na Coruña, Santiago e Ponteveda.

"Nós aspiramos a ter a maioría suficiente para poder gobernar, non só gañar as eleccións. Creo que nas próximas eleccións municipais obteremos máis alcaldías das que temos agor", manifestou a secretaria xeral do PP.

Para rematar, Prado referíuse á AP-9 e dixo que seguirán pelexando para que sexa gratuíta e galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade