Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz di que a esquerda está preparada para as urnas

Yolanda Díaz di que a esquerda está preparada para as urnas

Díaz pediu á cidadanía progresista que non se deixe "asoballar nin decepcionar" pola votación do venres sobre os decretos da vivenda

G24.gal 03/10/2026 15:36

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, dixo este sábado que a decisión de adiantar as eleccións é do presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, pero asegurou que a esquerda está "absolutamente" preparada para unha cita coas urnas se se produce.

En declaracións a medios en San Román de Cervantes, en Lugo, onde mantivo un diálogo sobre economía social co director de cine Oliver Laxe, Díaz sinalou que fala con Sánchez con frecuencia "por razóns evidentes", pero que a decisión de disolver as Cortes e convocar eleccións é "exclusivamente" del.

Se finalmente se vai ás urnas, a esquerda está "absolutamente" preparada, dixo a vicepresidenta, que pediu á cidadanía progresista que non se deixe "asoballar nin decepcionar" pola votación do venres sobre os decretos sobre a vivenda.

"Onte bloquearon o Parlamento, pero non bloquearon a democracia", insistiu Díaz, que lembrou que leva meses dicindo que hai que mobilizarse porque os dereitos "non caen do ceo".

E fixo un chamamento para que "a xente colla nas súas mans a democracia", porque "non van gañar eles se a xente se mobiliza" tanto nas rúas como noutros espazos, como os centros escolares.

A ministra de Traballo sinalou directamente o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo; o de Vox, Santiago Abascal, e a portavoz de Junts no Congreso, Míriam Nogueras, e dixo que son "os das políticas do sufrimento e a dor" e "non teñen corazón".

"É unha indecencia que esteamos nas mans dos fondos voitres", denunciou Díaz, que dixo que se o progresismo se desanima "eles gañan".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade