Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo dille a Sánchez que España ten "o dereito a decidir xa"

Feijóo dille a Sánchez que España ten "o dereito a decidir xa"

O líder do PP acusa o presidente do Goberno de "alentar o caos" e di que a vivenda é o símbolo do seu fracaso

Feijóo durante a súa intervención na Toxa. EFE/Lavandeira jr
G24.gal 03/10/2026 13:54 Última actualización 03/10/2026 15:13

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, considera que Pedro Sánchez non debería "ameazar máis" con convocar eleccións porque España ten "o dereito a decidir xa". 

Un día despois de que o Congreso tombara os dous decretos de vivenda aprobados o martes polo Consello de Ministro, o líder da oposición asegurou que este asunto é o "símbolo do fracaso" do executivo actual.

No relatorio final do Foro La Toja, que se celebra no Grove dende o xoves, dixo que no caso de chegaren ao poder vai aprobar a súa porposta sobre vivenda no primeiro mes de goberno.

Esta promesa chega xusto nunha xornada na que os movementos de protesta iniciados hai unha semana na porta do Sol de Madrid se estenderon por todo o territorio.

Censurou que a estratexia do presidente sexa agora "alentar o caos e intentar mobilizar ao seu lado do muro sobre as cinzas dun país" e declarou que, tras facer 65 anos, a súa única ambición é devolver a España o tempo perdido, as oportunidade e o futuro.

"Cando España tome a palabra, por fin poderemos demostrarlle que nós, e eu en particular, cumprirei a miña", avisou.

Segundo manifestou, non pide eleccións xerais por "revanchismo" senón porque "o meu país non aguanta máis". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade