Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra o retorno a Galicia de cubano-galegos

Medra o retorno a Galicia de cubano-galegos

Grazas á Estratexia Galicia Retorna poden atopar novas vías laborais

O acompañamento da Xunta permítelles formarse, emprender e atopar traballo en Galicia

Máis dun millón de cubanos deixaron a illa dende o 2022
G24.gal 21/05/2026 14:36

Hai máis de 50.000 cubanos residindo na illa que teñen ascendencia galega, deles 300 naceron aquí e emigraron. Foi o caso do bisavó de Roberto, natural de Mañón. Marchou no 1940 en busca dun porvir. As tornas cambian e agora é seu bisneto quen volve. Chegou hai 11 meses grazas a Estratexia Galicia Retorna.

"A miña dona foi quen me comentou, mira existe un programa Retorna Cualifica Emprego imos solicitalo que sucede que eu coma enxeñeiro solicitei moitas ramas afíns a min e non tiven sorte", explica Roberto Luis Sánchez, cubano retornado descendente de galegos.

A oportunidade de atopar un traballo en Galicia chegoulle no segundo intento

"Preguntáronnos se estabamos dispostos a solicitar prazas inferiores, e dixen que se o obxectivo era saír de Cuba, si ou si", engade.

Agora traballa de estibador e no tempo libre deseña páxinas web. Seu irmán tamén se veu. Non todos os descendentes poden ou queren retornar. Con todo reciben axudas para subsistir.

"Só no ano pasado nós axudamos en Cuba a unhas 3.500 familias, o que significa chegar de maneira directa previsiblemente pois enriba das 12 ou 14.000 persoas", apunta Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración.

Hai ao redor dun cento de programas de axuda ao retorno, algúns de formación, outros de emprendemento e tamén está a busca activa de emprego.

"A Xunta de Galicia dáche un presuposto para pagar os tres primeiros meses de alugueiro, pódense pedir axudas como emigrante retornado, está a axuda de autónomos, e moi agradecido porque senón non se pode empezar", conclúe Roberto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade