Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descuberto o pasado romano da illa de Ons

Descuberto o pasado romano da illa de Ons

Os arqueólogos atoparon restos de fábricas de salgadura e de tinguiduras

Nunca antes apareceran nunha illa galega

É a primeira vez que se fan intervencións arqueolóxicas na illa

Arqueóloga traballando no castro dos Mouros, en Ons
G24.gal 12/05/2022 14:05

Era un proxecto do grupo de arqueoloxía da Universidade de Vigo pero atopou a complicidade da Xunta e do Parque Nacional. Intuían que os restos que a erosión do mar deixou ao descuberto no cantil podían pertencer a unha fábrica de salgadura, pero nunca imaxinaron atopar tres na mesma praia de Canexol.

"Estamos falando de que hai un complexo industrial moi importante, moi potente, con tres fábricas de salgadura que están producindo milleiros e milleiros de quilos de peixe salgado", explica Adolfo Fernández, arqueólogo da Universidade de Vigo.

Este peixe exportábase. Sábeno porque apareceron restos das ánforas onde se envasaba, mesmo en Roma.

"En Roma hai unha gran cantidade de ánforas de salgaduras galegas desta zona e polo tanto vendíase o peixe galego en Roma, peixe que probablemente saía destas fábricas de Ons", apunta Adolfo.

Atoparon tamén restos dunhas cunchas que os romanos utilizaban para elaborar tinguidura. Puido haber produción industrial na zona.

"Con iso fabricábase unha tinta que é púrpura que era moi apreciada na época romana, servía para tinguir todo tipo de téxtiles", continúa o arqueólogo.

As escavacións tamén se están a realizar no castro dos Mouros onde atoparon restos dun recinto amurallado. Por diante aínda queda moito traballo por facer.

"A intención é seguir realizando intervencións, de feito é un proxecto en que temos especial interese que sexa a longo prazo", comenta Luís López., delegado territorial da Xunta en Pontevedra. 

Porque estes descubrimentos poñen en valor o patrimonio arqueolóxico dunha illa á que nunca antes lle abriran as entrañas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade