Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descontos anticipados na véspera do Black Friday

Descontos anticipados na véspera do Black Friday

Descontos de ata o 50 % no Venres Negro, unha tradición americana que iniciaba a campaña das compras de Nadal

Segundo o Observatorio Cetelem, que elabora informes de consumo, os galegos que teñen intención de comprar en Venres Negro gastarán 210 euros

Beatriz Moyano 25/11/2021 21:21

O Black Friday é unha tradición americana que inauguraba as compras da campaña de Nadal e acabou por converterse nun fenómeno internacional. De tal forma que cada 27 de novembro os máis dos comercios, maioritariamente grandes marcas e grandes almacéns, ofrecen descontos de ata o 40 % ou mesmo o 50 %.

É o coñecido como Black Friday ou venres negro, e non se limita só ao venres. Moitos negocios levan xa toda a semana con rebaixas, as páxinas web ofrecen ofertas anticipadas e mesmo as estenden durante toda a fin de semana.

Segundo o Observatorio Cetelem, que elabora informes sobre consumo, o gasto previsto dos galegos para este venres negro é de 210 euros, lonxe dos 302 euros prepandemia, e supón un 19 % menos do previsto o ano pasado. O estudo tamén evidencia que a tenda física volve gañar terreo sobre a dixital. Os compradores en liña caen 12 puntos respecto a 2020.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar